IV Edición da Travesía San Simón

Unha vez máis, e xa van catro, o sábado 12 de Agosto ás 18:30 a Asociación Deportiva C.A.R. xunto co Concello de Redondela, organizan a IV Travesía a Nado á Illa de San Simón sobre unha distancia de 1500 metros na que poderán participar nadadores federados ou non, a partir dos 14 anos.

As inscripcións estarán limitadas a 300 participantes e faranse na plataforma de Championchipnorte.com e terán un custo de 8€.

Ó remate da proba haberá un aperitivo para repoñer forzas e a entrega de trofeos.

Leave a Reply